miniatura|dereita|O papa Bieito XVI o día de Nadal de 2009 na praza de San Pedro. miniatura|dereita|Vista parcial da columnata de Bernini.
A praza de San Pedro (Piazza San Pietro, en italiano) atópase na Cidade do Vaticano, dentro da cidade e capital italiana de Roma e precede, a modo de gran sala períptera, á Basílica de San Pedro, o magno templo do catolicismo. Foi proxectada por Gian Lorenzo Bernini entre 1656 e 1667.
Á praza accédese desde a Via della Conciliazione e mostra, ao fondo, a magnífica fachada da Basílica de San Pedro; esta vía comeza no largo Xoán XXIII, moi preto do castelo de Sant'Angelo, xunto ao río Tíber, pasando ao final pola praza Pío XII.
A praza é unha grande explanada trapezoidal que se alarga lateralmente mediante dúas pasaxes, con forma elíptica, de columnatas rematadas nunha balaustrada sobre a que se asentan as figuras de cento corenta santos de diversas épocas e lugares. No seu interior hai dúas fontes, unha en cada foco da elipse e, no medio da praza, erixiuse un monumental obelisco (de 25 m de altura e 327 t de peso), un bloque pétreo sen inscricións traído de Exipto, que estaba no Circo de Nerón e que, en 1586 o papa Sixto V decidiu colocar fronte á Basílica de San Pedro na memoria do martirio de San Pedro no circo de Nerón. Coñécesa como a "testemuña muda", pois xunto a el crucificouse a Pedro. A esfera de bronce da cúspide que, segundo a lenda medieval, contiña os restos de Xulio César, foi substituída por unha reliquia da cruz de Cristo. As dúas pasaxes de columnas (284 de 16 m cada unha) ábrense a cada lado simbolizando o abrazo de acollida da Igrexa ao visitante que parece invitan a entrar.
Nesta praza o papa acostuma celebrar algunhas liturxias solemnes (especialmente aquelas que reúnen multidumes demasiado grandes para caberen na inmensa basílica) e outros encontros, sobre todo audiencias públicas.
A praza da Concordia de París é unha copia desta praza, pois tanto o obelisco como as fontes e a súa distribución son idénticas ás de San Pedro.
Véxase tamén
Bibliografía Paul Letarouilly (1882). Le Vatican et la Basilique de Saint-Pierre de Rome. París: VTE A. Morel et CIE Éditeurs. Maurizio e Marcello Fagiolo Dell'Arco (1967). Bernini. Roma: Mario Bulzoni Editore. Franco Borsi (1980). Bernini architetto. Milán: Electa. Massimo Birindelli (1981). Piazza San Pietro. Bari: Laterza. Italo Insolera (1985). Roma. Roma-Bari: Laterza. Leonardo Benevolo (2004). San Pietro e la città di Roma. Roma-Bari: Laterza.
Outros artigos Basílica de San Pedro Cidade do Vaticano
Ligazóns externas Mapa interactivo con puntos de interese na Praza de San Pedro Galería de fotografías da Praza de San Pedro Webcam en directo desde a Basílica e a Praza de San Pedro do Vaticano na páina web oficial do Estado Vaticano
San Pedro