Maureen FitzSimons, nada en Dublín o 17 de agosto de 1920 e finada en Boise (Idaho) o 24 de outubro de 2015,Fallece la actriz Maureen O'Hara foi unha actriz irlandesa-estadounidense coñecida como Maureen O'Hara.

Traxectoria Naceu nun suburbio de Dublín, sendo a segunda de seis irmáns. Entre os seis e os dezasete anos estudou arte dramática, música e danza, e aos dez anos uniuse a unha compañía de teatro afeccionado. Unha proba chamou a atención do actor Charles Laughton, especialmente pola expresividade dos seus ollos. Grazas a Laughton e ao seu socio Erich Pommer O’Hara conseguiu un contrato de sete anos coa Mayflower Pictures. Laughton tamén lle conseguiu o papel de Esmeralda en The Hunchback of Notre Dame que se rodou en Hollywood.

A chegada da segunda guerra mundial fixo que Laughton considerase que non era posible manter o contrato de O’Hara en Londres e pasouna á RKO, que lle deu papeis en filmes de pouco orzamento. Destes filmes salvouna John Ford, que lle deu o papel de Angharad en Que verde era o meu val.

Dona dunha voz de soprano, en 1960 estreou o musical de Broadway Christine e ese mesmo ano gravou dous discos de éxito. Retirouse da interpretación en 1971, pero volveu vinte anos máis tarde para interpretar a nai de John Candy en Only the Lonely.

Desde que sufriu un infarto en 2005, viviu principalmente en Glengarriff (Condado de Cork) antes de trasladarse a Idaho.Screen legend Maureen O’Hara finds happiness in move to Boise, Idaho

Filmografía Ano Filme1938 Kicking the Moon Around My Irish Molly1939 Jamaica Inn The Hunchback of Notre Dame1940 A Bill of Divorcement Dance, Girl, Dance1941 They Met in Argentina Que verde era o meu val1942 To the Shores of Tripoli Ten Gentlemen from West Point The Black Swan1943 Immortal Sergeant Esta terra é miña The Fallen Sparrow 1944 Buffalo Bill 1945 The Spanish Main1946 Sentimental Journey Do You Love Me1947 Sinbad the Sailor The Homestretch Miracle on 34th Street The Foxes of Harrow 1948 Sitting Pretty1949 Un segredo de muller The Forbidden Street Father was a Fullback Bagdad1950 Comanche Territory Tripoli Rio Grande 1951 Flame of Araby1952 At Sword's Point Kangaroo O home tranquilo Against All Flags1953 The Redhead from Wyoming War Arrow 1954 Malaga1955 Berce de heroes The Magnificent Matador Lady Godiva of Coventry1956 Lisbon Everything But the Truth 1957The Wings of Eagles 1959 Our Man in Havana1961 The Deadly Companions The Parent Trap 1962 Mr. Hobbs Takes a Vacation1963 Spencer's Mountain McLintock! 1965 The Battle of the Villa Fiorita 1966 The Rare Breed 1970 How Do I Love Thee? 1971 Big Jake 1991 Only the Lonely

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Virtual History

Categoría:Actores de cinema de Irlanda Categoría:Actores de teatro de Irlanda Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Dublín Categoría:Nados en 1920 Categoría:Finados en 2015 Categoría:Óscar honorífico