María del Carmen Pardo López, nada en París o 24 de setembro de 1971, é unha política galega do PPdeG.
Traxectoria Licenciada en economía e empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela, profesionalmente traballou como directora de recursos humanos en empresas hoteleiras. Elixida concelleira nas municipais de 2007, foi tenente de alcade de Verín de 2007 ata 2009"Tres nuevos ourensanos se incorporan al organigrama de altos cargos de la Xunta". La Región, 8 de maio de 2009, logo de resultar elixida para o Parlamento de Galicia nas eleccións de 2009 pero que deixou ao pouco para se ocupar da Secretaría Xeral de Turismo"Novos nomeamentos e ceses no Consello da Xunta". Vieiros, 7 de maio de 2009. Nas eleccións de 2012 resultou de novo elixida para o Parlamento de Galicia e en xaneiro de 2013 cesou como secretaria Xeral de Turismo"Feijóo sitúa a Nava Castro en Turismo e líbraa das preferentes". Praza, 17 de xaneiro de 2013. Presentouse no posto 25º da candidatura do PP ás eleccións europeas de 2014. En agosto de 2015 renunciou ao seu escano no Parlamento de Galicia e foi substituída por Jackeline Elizabeth Fernández Macías"La ourensana Carmen Pardo renuncia a su escaño en el parlamento gallego" La Región, 5 de agosto de 2015.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no Parlamento de Galicia
Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1971