Región Gallega foi un semanario publicado na Coruña en 1924.
Historia e características Subtitulado Periódico de Agricultura, Industria, Comercio, Navegación, Arte, Literatura, apareceu o 14 de abril de 1924. Fundado por José Miñones Bernárdez, estaba dirixido por Fernando Montero Doiztua. Tiña un suplemento dedicado á comarca de Corcubión. Publicáronse 16 números, cesando a súa edición o 28 de xullo de 1924. Foi substituído por Finis Terre.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña
Categoría:Prensa escrita da Coruña Categoría:1924 en Galicia