Norberto Velázquez Barrio, foi un empresario e político galego.

Traxectoria Neto do empresario Norberto Velázquez Moreno e Josefa Coppa. Empresario en Vigo. Por Real Orde de 2 de xaneiro de 1888 foron anuladas as eleccións municipais de 1885 e Norberto Velázquez foi nomeado concelleiro. En decembro de 1889 volveron celebrarse eleccións, que foron novamente anuladasBoletín Oficial de la provincia de Orense, 25-9-1890, p. 1-2.. Foi alcalde de Vigo en 1890. Foi nomeado comendador da Orde de Carlos III.

Vida persoal Fillo de Norberto Velázquez Coppa (tamén alcalde de Vigo, durante dous breves períodos, primeiro en 1863 e máis tarde en 1865) e de Florentina Eulogia Barrio Lorenzana.

Notas

Categoría:Alcaldes de Vigo Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración