O SereoFicha da escultura en Turismodevigo.org. (aludida en ocasións co castelanismo O SirenoNa propia placa da escultura colocada polo Concello de Vigo aparece o castelanismo) é unha escultura realizada polo escultor cambadés Francisco Leiro que se atopa no centro da Porta do Sol, no centro da cidade de Vigo, fronte ao Edificio Simeón. O nome que o autor lle puxo a obra é Home Peixe.«"Tempo" de Leiro en el campus» : ""Se llama Sireno porque la gente así lo decidió al verla pero yo no le puse ese nombre sino que le llamé Home Peixe…"

Descrición Ergueuse no ano 1991, xunto con moitas outras esculturas da cidade, coma Os cabalos da Praza de España, a Porta do Atlántico nas Travesas (Praza de América), O rapto de Europa en Samil ou o Monumento ao traballo na Gran Vía. É xa unha icona da cidade, porén unha das obras máis polémicas que divide en opinións a cidadanía de Vigo. A figura antropomorfa, o Sereo en si, está realizado en aceiro inoxidable e representa un personaxe imaxinario híbrido entre peixe e home. Non ten brazos, mais si pernas e pés, unha gran testa cun gran nariz e escamas polo corpo. Aséntase sobor dúas columnas de granito negro puído de 11 metros de altura.Hoxe.vigo.org O Sereo vixía a cidade e olla o porto e o mar de Vigo a través da rúa Carral.Turismodevigo.org

Galería de imaxes

Notas

Categoría:Monumentos de Vigo Categoría:Estatuas