miniatura|175px|Marino López Blanco, retrato en Vida Gallega, 1919. Marino López Blanco, nado na Habana en 1891 e finado en Coral Gables (Florida) en 1986, foi un notario, político e escritor cubano, descendente de galegos.
Traxectoria miniatura|250px|Banquete homenaxe a Mario López Blanco, director da revista Maruxa en 1917. Fillo de José López Méndez, natural de Celeiro (Viveiro), aos trece anos veu a Compostela, onde fixo o bacharelato e estudou na USC. Alí fundou e dirixiu o semanario Maruxa e a revista La Raza. Colaborou en Eco de Galicia. Regresou a Cuba, onde foi secretario particular da muller do presidente da República, Alfredo Zayas Alfonso. Foi avogado e notario oficial do Centro Galego, conselleiro e accionista do Banco de Fomento Comercial e director do Banco Hispano Cubano. No goberno de Batista (1940-1944), foi subsecretario de Traballo e Ministro de Comunicacións. Foi Senador e Representante na Cámara pola Habana dende 1938 ata a súa saída de Cuba. Na segunda etapa de Batista foi Ministro de Facenda e Traballo (1952).
Obras Intimo, 1917. Beso de quimera, 1921. Ensayo sobre el mimetismo político, 1931. Maceo. Símbolo de la cubanidad, 1942. Perennidad de Martí, 1956. Vida persoal
Casou en 1924 con Conchita Bouza Goás, filla de Jesús María Bouza Bello.
Véxase tamén
Ligazóns externas Marino L. Blanco, un viveirense ministro y socio de dos bancos y una aerolínea en Cuba
"Don Marino López Blanco Un exministro cubano con juventud en Compostela", El Pueblo Gallego, 8-11-1950, p. 4.
Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Políticos de Cuba Categoría:Nados na Habana Categoría:Nados en 1891
Categoría:Finados en 1986
Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela