dereita|miniatura| Naginata (en ) é unha lanza, composta por unha hasta de madeira equipada cun longa lámina nunha das extremidades. Foi usada orixinalmente polos guerreiros xaponeses que ían ao campo de batalla montados á cabalo ou non. Foi unha arma moi popular entre as mulleres guerreiras xaponesas (onna-bugeisha), xa que grazas á súa longura e a súa coitela curvada, compensaba a maior forza e tamaño corporal dos opoñentes masculinos. Debido a que esta arma foi usada por moitas mulleres guerreiras lendarias, chegou a se converter nunha imaxe icónica das onna-bugeisha. Durante o período Edo, creáronse moitas escolas que se centraron no seu ensino a mulleres, polo que se perpetuou aínda máis a súa asociación feminina.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Tomoe Gozen Hangaku Gozen Nakano Takeko Bibliografía Clive Sinclair: Samurai: The Weapons and Spirit of the Japanese Warrior. Lyons Press, 2004, , p. 110. George Cameron Stone, Donald J. LaRocca: A Glossary of the Construction, Decoration and Use of Arms and Armor: In All Countries and in All Times. Publisher: Courier Dover Publications, 1999, (Reprint), p. 463f.
Categoría:Espadas Categoría:Xapón Categoría:Arte do Xapón