Yanqui U.X.O. é o terceiro álbum da banda canadense de post-rock Godspeed You! Black Emperor, publicado o 4 de novembro de 2002 a través do selo Constellation Records. Foi producido e gravado polo músico Steve Albini no estudio Electrical Audio de Chicago, Illinois a finais de 2001. Este álbum marca a primeira edición do grupo tras alterar lixeiramente o seu nome (movendo o signo de exclamación do "emperor" ao "you"), ademais de ser o seu primeiro traballo gravado fóra do Canadá.
Yanqui U.X.O. é o disco da banda que levantou máis división entre a crítica. Mentres que algúns medios, como Allmusic, loubaron a edición como o mellor traballo do grupo, outros, como Pitchfork Media, ridiculizárono pola súa "lentiude e falta de invención". Pouco despois da publicación do álbum, a banda anunciou un hiato indefinido durante o cal os seus membros adicaríanse a outros proxectos musicais.
Listaxe de cancións CD
Vinilo
Categoría:Álbums de Godspeed You! Black Emperor Categoría:Álbums musicais de 2002 Categoría:Álbums producidos por Steve Albini Categoría:Álbums de Constellation Records (Canadá)