El Landro foi un periódico editado en Viveiro entre 1931 e 1937.
Historia e características Subtitulado Periódico Independiente, apareceu o 1 de xuño de 1931. Semanario que se imprimía nos talleres tipográficos de Fojo. Tivo unha traxectoria moi breve.
Reapareceu o 1 de abril de 1936. Publicábase cada quince días. De tendencia conservadora, apoiou o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Dirixido por Antonio Santiago Seijo,Las Riberas del Eo, 11-4-1936, p.6 entre os seus colaboradores figuraron Sofía Casanova, Sebastián Bas Calvet, Modesto Grandío Parapar e Antón Noriega Varela. Cesou a súa publicación en 1937.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Landro
Categoría:Prensa escrita de Viveiro
Categoría:1931 en Galicia