Queimada foi un grupo musical pontevedrés de pop, activo a comezos da década de 1970.
Traxsctoria O grupo foi formado por Luis Miguel Nodar Martínez (guitarra e voz), Miguel Ángel López Marras (guitarra), David Otero Arias (baixo) e Emilio Rivas Ces (batería). O conxunto naceu co nome de Los Drakkars xunto a Candido Couselo Silva (guitarra) e Manuel Pomar Abal (teclados) e gañou o primeiro certame de grupos musicais de Pontevedra. Tras acadar certo éxito, foron primeiro a León, a Asturias, e finalmente a Madrid donde contactaron con Juan Pardo, que se converteu no seu produtor. Mudaron o nome a La Camiseta antes de publicar o seu primeiro single en Movieplay e a Queimada para os posteriores discos en Ariola.
En 1971 editaron o sinxelo "Adonis" / "For you Sajang", adianto do LP Claqueta 1,2,3 y... (1972). Tamén en 1972 sacaron os sinxelos "El Tropezón (e tropezou)" / "Nuestras Manos" e "E tropezou" / "Anyway". O disco incluía dúas composicións de Juan Pardo ("Nuestras manos" e "Give up") e catro versións de The Beatles: "I Should Have Know Better", "Run for your Life", "A Hard Day’s Night" e "Nowhere Man". A canción "E tropezou" foi gravada tamén en castelán por presión da discográfica. O disco incluía outra canción en galego, "Non chores máis".
Emilio Rivas abandona o grupo e pasan polo grupo sucesivamente José Luis de la Fuente Nogueira "Chupy", José María Moll de Alba y Fernández-Cela y José Ramón Pazos Pérez "Pachy". En 1973, á volta do servizo militar marcha David Otero e entra Alberto Tizón Martín. Vaise tamén Pachy e volve Emilio Rivas. Con esta formación publicarán en Hispavox os dous últimos discos do grupo en 1974. A banda desfíxose en maio de 1975. Posteriormente, Luis levou a cabo un proxecto en solitario.
Véxase tamén Ligazóns externas Queimada, ficha en La Fonoteca . Web: https://queimada.free.nf
Categoría:Grupos musicais de Pontevedra Categoría:Grupos musicais de pop