Alfonso Blanco Torrado, nado en Montevideo o 15 de marzo de 1950, é un sacerdote, ensaísta, mestre e dinamizador cultural galego residente en Guitiriz.Galegos.info
Traxectoria Estudou no Seminario de Santiago de Compostela e na Universidade Pontificia de Salamanca.
Mestre no IES Poeta Díaz Castro e párroco en Guitiriz, é fundador e coordinador da Asociación Cultural XermolosAsociación Cultural Xermolos e promotor do Festival Musical de Pardiñas.El festival más obstinado El País 16/7/2010 .
Obra Ensaio A ascensión dun poeta, Xosé María Díaz Castro, Fundación Caixa Galicia, Lugo, 1995, 143 páx., ISBN 84-89231-17-6 (gañador do Premio Literario Ánxel Fole).Obra de Alfonso Blanco en Dialnet.
Obras colectivas Xosé María Díaz Castro. Nimbos de luz, con Luís González Tosar e Armando Requeixo, 2014, Galaxia, ISBN 978-84-9865-533-9.
Recoñecementos Recibiu os premios IAR de Folclore (1993), o Premio Literario Ánxel Fole e o Moncho Valcarce de Promoción da Terra (1996). Asemade, foille adicado un Hectómetro literario no Paseo dos Soños vilalbés en 2019.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Dicionario biográfico de Galicia, T. 3, p. 327, Ir Indo Edicións, 2011, Vigo. Outros artigos Xosé María Díaz Castro Ligazóns externas Música: perspectivas de promotores e produtores musicais Universidade de Vigo Televisión, 6/4/2011.
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Nados en Montevideo Categoría:Nados en 1950 Categoría:Premio Ánxel Fole Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes