Ana María Moix i Messeguer, nada en Barcelona o 12 de abril de 1947 e finada na mesma cidade o 28 de febreiro de 2014, foi unha poetisa, novelista e tradutora catalá en lingua castelá, irmá máis nova do tamén escritor Terenci Moix. Traxectoria Ana María estudou filosofía e letras na Universidade de Barcelona e fixo parte do grupo de escritores da poesía española contemporánea que se relaciona co editor e poeta Carlos Barral. Fíxose coñecida ao ser incluída, era a única muller, en 1968 por José María Castellet en Nueve novísimos poetas españoles, que consagraba unha nova poesía nova, provocativa e espectacular, que se situaba no lado contrario da poesía social, realista e comprometida que se acabara impoñendo logo da primeira posguerra españolaLa elegancia del equilibrio, artigo de Rafael Conte no suplemento cultura Babelia de El País, 05.10.2002; acceso 25.10.2011. Entre 1969 e 1973, publicou tres poemarios —Baladas del dulce Jim, Call me stone e No time for flowers—, máis tarde unidos no volume A imagen y semejanza, dúas novelas —*Julia e Walter ¿por qué te fuiste?—, e un libro de relatos —Ese chico pelirrojo a quien veo cada día—, facendo tamén achegas na literatura infantil (La maravillosa colina de las edades primitivas), reunindo os seus artigos xornalísticos en Veinticuatro por veinticuatro e publicando a súa primeira tradución La Semana Santa (La semaine sainte), de Louis Aragon.
Logo durante dez anos case non publica ficción propia, tan só o libro de literatura infantil Los robots. Las penas en 1982. Reapareceu en 1985 ao gañar o Premio Ciudad de Barcelona co seu segundo libro de contos Las virtudes peligrosas. Posteriormente publicou a novela Vals negro, e dous libros de relatos.
Traduciu ducias de libros, principalmente do francés (Aragon, Samuel Beckett, Marguerite Duras, Amélie Nothomb, Françoise Sagan etc). Formou parte entre 1976 e 1979 do equipo que publicaba a revista Vindicación Feminista, e dirixiu as coleccións de poesía e relatos das editoriais Plaza & Janés e Bruguera e desde 2006 foi directora desta última editorial. En 1997 foi unha das asinantes do manifesto de Foro Babel, que se amosaba contrario ás políticas de normalización do catalán efectuadas polo goberno da época, avogando pola utilización tamén do castelán polos poderes autonómicos e en 2012 asinou outro manifesto, a favor do federalismo español e en contra do proceso independentista en Cataluña.
Obras
Poesía Baladas del dulce Jim, El bardo, 1969; con prólogo de Manuel Vázquez Montalbán Call me Stone, 1969 No time for flowers y otras historias, Lumen S.A., Barcelona, 1971 A imagen y semejanza, 1983, que recolle a súa produción poética ata ese momento
Prosa Julia, novela, Seix Barral, Barcelona, 1970 Ese chico pelirrojo a quien veo cada día, relatos, Lumen S.A., Barcelona, 1971 Walter ¿por qué te fuiste?, Barral Editores, 1973 La maravillosa colina de las edades primitivas, literatura infantil, Lumen S.A., Barcelona, 1973 Veinticuatro por veinticuatro, artigos, 1973 Mara Girona: una pintura en libertad, ensaio, 1977 Los robots. Las penas, literatura infantil, Bruguera, Barcelona, 1982 Las virtudes peligrosas, relatos, Plaza y Janés, Editores S.A., Barcelona, 1985 Miguelón, literatura infantil, 1986 La niebla y otros relatos, Alfaguara, Madrid, 1988 Vals negro, novela, Lumen S.A., Barcelona, 1994 El baix Llobregat, 29 municipis i un riu. Barcelona, guía, 1995 Extraviadas ilustres, biografía, 1996 El querido rincón, relatos, 2002 De mi vida real nada sé, 2002, 10 relatos
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Artículos de Ana María Moix, El País
Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1947 Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores de literatura infantil de Cataluña Categoría:Poetas en lingua castelá Categoría:Novelistas de Cataluña Categoría:Tradutores de España Categoría:Tradutores ao castelán Categoría:Tradutores do francés Categoría:Finados en 2014 Categoría:Premio Creu de Sant Jordi