El Valle de Lemos foi un periódico editado en Monforte de Lemos entre 1886 e 1887.

Historia e características Apareceu o 1 de xaneiro de 1886 para substituír a El Cabe.El Lucense, 2-1-1886, p. 2. Publicábase en principio os luns, martes e venres, para despois saír á rúa cada dez días. O fundador e propietario era Víctor García de Casares, que tamén era o director. Periódico de tendencia republicano-coalicionista, cesou a súa publicación en 1887.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Prensa escrita de Monforte de Lemos Categoría:1886 en Galicia