A dos murenesócidos (Muraenesocidae) é unha familia de peixes teleósteos da orde dos angüiliformes, suborde dos congroideos, que son coñecidos vulgarmente como congros bicudos.
Son peixes depredadores, moi agresivos, alimentándose de moluscos, crustáceos e peixes pequenos.McCosker, John F., Paxton, J. R. & Eschmeyer, W. N., eds. (1998): Encyclopedia of Fishes. San Diego, EE.UU.: Academic Press. ISBN 0-12-547665-5.
Apareceron por primeira vez no rexistro fósil no eoceno inferior, durante o terciario inferior.Berg, L. S. (1958): System der rezenten und fossilen Fischartigen und Fische. Berlin: VEB Verlag der Wissenschaften.
Características As principais características das especies da familia son:
Corpo alongado, cilíndrico, angüiliforme, de entre 60 e 250 cm de lonxitude Dentes ben desenvolvidos, especialmente os situados no óso vómer. Ollos grandes, recubertos de pel Liña lateral moi conspicua. Aletas pectorais ben desenvolvidas, coa orixe da aleta dorsal sobre ou lixeiramente antes das pectorais.
Distribución Habitan nas costas das zonas intertropicais dos océanos Atlántico, Índico e Pacífico, e algunhas das súa especies penetran nas augas doces.Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. New York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
Xéneros Non hai unanimidade na clasificación desta familia. En xeral, están recoñecidas de 10 a 15 especies agrupadas en 5 xéneros, segundo o SIIT:
Congresox (dúas especies) Cynoponticus (tres especies) Muraenesox (tres especies)) Oxyconger (unha especie) Sauromuraenesox (unha especie)
Porén, o WoRMS recoñece un xénero a maiores:Muraenesocidae no WoRMS.
Gavialiceps (cinco especies) Gavialiceps no WoRMS.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía McCosker, John F., Paxton, J. R. & Eschmeyer, W. N., eds. (1998): Encyclopedia of Fishes. San Diego, EE.UU.: Academic Press. ISBN 0-12-547665-5. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
Outros artigos Angüiliformes Congroideos
Ligazóns externas Ranier Froese & Daniel Pauly eds. (2008): Muraenesocidae en FishBase.
Categoría:Angüiliformes