Calícrates (grego antigo Καλλικράτης, Kallikrates) foi un arquitecto da Antiga Grecia activo a mediados do século V a. C. Traxectoria miniatura|Templo de Atenea Nike construído por Calícrates en conmemoración da vitoria dos gregos sobre os persas. No ano 480 a. C. tras a devastación de Atenas por parte dos persas, Pericles encargou a Calícrates e Ictinos, baixo a dirección de Fidias, o proxecto dos edificios da Acrópole construídos entre 447 e 442 a. C. (Plutarco, Pericles, 13).Roth (1993), p. 203Rodríguez Somolinos (2003), p. 60

Para este templo seguiron un modelo de fachada octástila, dentro do orde dórica. A curvatura do entaboamento e a estilóbata, a éntase das columnas e a desigualdade nos intercolumnios crean un equilibrio e unha harmonía visuais que conseguen disimular as dimensións reais do edificio. O templo en cuestión é anfipróstilo, aínda visible alí,Roth (1993), p. 200 ou o seu predecesor, a pequena escala (naiskos), cuxos muros foron atopados nos cimentos do templo posterior.Mark (1993)

Unha inscrición identifícao como o arquitecto do Templo de Atenea Nike na Acrópole de Atenas.IG I3 35.

Outra inscrición identifica a Calícrates como un dos arquitectos do recinto amurallado clásico da Acrópole,IG I3 45 e Plutarco di que foi contratado para construír a metade dos Muros Longos, que unían Atenas e O Pireo.

Na súa honra, foi nomeado o cráter Calícrates na superficie do planeta Mercurio.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Ictino Arquitectura da Grecia antiga

Categoría:Arquitectos de Grecia Categoría:Acrópole de Atenas