Kaspars Bērziņš, nado o 25 de agosto de 1985 en Ogre, é un xogador profesional de baloncesto letón que xoga no BC Šiauliai lituano. Cunha estatura de 2,13 metros xoga nas posicións de ala-pivote e pivote.
Traxectoria profesional Bērziņš comezou a xogar ó baloncesto na súa cidade natal, Ogre. Máis tarde xogou no BK Skonto, no que debutou na tempada 2002-03. No ano 2004 fichou polo Unicaja Málaga da Liga ACB, pero apenas xogou co primeiro equipo. En 2005 volveu a Letonia para xogar no ASK Riga, e un ano máis tarde no Barons LMT, onde xogou as seguintes tres tempadas.
En xullo de 2009, xogou a Liga de Verán da NBA cos Phoenix Suns, e ó remate asinou co Baloncesto Fuenlabrada. No ano 2010 xogou cedido no Cáceres Ciudad del Baloncesto, pero en xullo de 2010 asinou un contrato de dous anos co VEF Rīga.
O 11 de febreiro de 2014, anunciouse a súa fichaxe polo Obradoiro CAB da Liga ACB.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en ACB.com
Categoría:Nados en 1985 Categoría:Nados no distrito de Ogre Categoría:Xogadores de baloncesto de Letonia Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores do CB Málaga Categoría:Xogadores do BK Barons Categoría:Xogadores do Baloncesto Fuenlabrada Categoría:Xogadores do Cáceres Ciudad del Baloncesto Categoría:Xogadores do VEF Rīga Categoría:Xogadores do Obradoiro CAB Categoría:Xogadores do BC Krasnye Krylia Categoría:Xogadores do BC Nizhny Novgorod Categoría:Xogadores do BC Zenit San Petersburgo Categoría:Xogadores do PBC Lokomotiv Kuban Categoría:Xogadores do BC Šiauliai