La Tribuna. Cadernos de estudios da Casa Museo Emilia Pardo Bazán é un anuario editado pola Casa Museo Emilia Pardo Bazán, dependente da Real Academia GalegaLa Tribuna en Dialnet.. Publicado na Coruña desde 2003.
Descrición A publicación adícase á figura da escritora Emilia Pardo Bazán e toma o nome da súa novela A Tribuna (1883). Dirixida primeiramente por José María Paz Gago, despois por Xosé Ramón Barreiro e tralo seu pasamento por Marilar Aleixandre, está escrita en castelán e galego e, amais dos artigos, contén numerosas ilustracións.Hemeroteca da Deputación de Pontevedra.
Números Núm. 1. Ano 2003, dirixido por J. M. Paz Gago (299 páxinas) Núm. 2. 2004 (474 pp.) Núm. 3. 2005 (352 pp.) Núm. 4. 2006 (518 pp.) Núm. 5. 2007 (584 pp.) Núm. 6. 2008 (534 pp.) Núm. 7. 2009, dirixido por X. R. Barreiro (564 pp.) Núm. 8. 2010 / 2011 (330 pp.) Núm. 9. 2013 (432 p.p) Núm. 10. 2015 (194 pp.) Núm. 11. 2016 (170 pp.) Núm. 12. 2017 (344 pp.) Núm. 13. 2018 (254 pp.) Núm. 14. 2019 (135 pp.) Núm. 15. 2020 (178 pp.) Núm. 16. 2021 (320 pp.) Núm. 17. 2022 (210 pp.)
Notas
Véxase tamén Bibliografía La Tribuna (en PDF) na páxina de publicacións da RAG. Outros artigos Casa-Museo Emilia Pardo Bazán Ligazóns externas La Tribuna páxina web. La Tribuna na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes.
Categoría:Prensa escrita da Coruña Categoría:Revistas editadas en Galicia Categoría:Emilia Pardo Bazán Categoría:Real Academia Galega Categoría:Revistas españolas do século XXI
Categoría:2003 en Galicia