David Prieto Gálvez, nado en Sevilla o 2 de xaneiro de 1983, é un futbolista profesional español que actualmente xoga como defensa central no Club Deportivo Lugo.

Traxectoria Comezo no Sevilla David Prieto formouse na canteira do Sevilla Fútbol Club, conseguindo chegar até o filial, o Sevilla Atlético, na tempada 2002-03. Con todo, o primeiro ano foi cedido ao Jerez CF estremeño. Xa no filial sevillista na seguinte tempada afianzouse no eixo central da defensa, chegando a xogar 35 partidos que serviron ao equipo para meterse na promoción de ascenso á Segunda División como terceiro clasificado. Porén, na posterior fase de ascenso o club non consegue subir a categoría de prata. Na seguinte campaña o equipo acaba a liga na primeira posición do Grupo 4, aínda que de novo volve a fallar na súa tentativa de ascenso nas eleiminatorias. Así a todo a decepción de David tras non obter o ascenso viuse acougada ao conseguir debutar co primeiro equipo na Primeira División.

Na súa terceira tempada seguiu xogando co Sevilla Atlético, onde por terceira vez consecutiva clasificase para xogar a promoción de ascenso a Segunda. Esta vez o equipo terminou a liga na terceira posición, repetenido de novo a historia dos anos anteriores nas que non conseguiron o ascenso. Doutra banda, David Prieto seguía a xogar co primeiro equipo. Debido aos seus partidos na Primeira División co primeiro equipo e os fallos nas tentativas de ascenso á Segunda Divisón, para non frear a traxectoria do xogador e obter experiencia o club toma a decisión de procurarlle unha saída en calidade de cedido na Segunda categoría.

Segunda División Finalmente o xogador recala para a tempada 2006-07 no Xerez Club Deportivo da Segunda División. Ese ano é unha das revelacións da Liga, demostrando un gran nivel nun Xerez no que disputa 38 partidos da competición. A pesar da gran tempada realizada, David Prieto segue sen ter un sitio no Sevilla FC. Porén, o ascenso a Segunda do Sevilla Atlético fai que o central regrese á casa sevillista para xogar no filial na tempada 2007-08. Tras a volta desde o equipo de Jerez de los Caballeros ao Sevilla Atlético, o filial sevillista convértese contra todo prognóstico no equipo revelación dos recentemente ascendidos. Tras pasar unha campaña tranquila nos postos medios-altos da táboa, acaba na novena posición, xogando David un total de 26 partidos. A súa continuidade no filial viuse interrompida polas convocatorias co primeiro equipo onde Juande Ramos vía nel unha promesa para o Sevilla FC con moito que achegar. En total Prieto xogou nove partidos, dos cales oito fíxoo como titular disputando todos os minutos.

Na tempada 2008-09, Prieto pasa ser definitivamente parte do cadro de xogadores do primeiro equipo do Sevilla Fútbol Club, sendo o encargado de levar o dorsal número 16 que se deixou vacante o falecemento de Antonio Puerta. No seu primeiro ano como xogador exclusivo de Primeira División consegue xogar 13 partidos de Liga, todos como titular. No verán de 2009, Manolo Jiménez notifica a David Prieto que non conta con el para a próxima campaña de Liga, xa que era o último central co que contaría no cadro de xogadores, recomendándolle así que se buscase equipo.

Regreso a Segunda Divisón Tras as palabras do técnico sevillista e a procura do Xerez por atopar centrais, o Sevilla e o Xerez acaban chegando a un acordo para a incorporación como cedido no seu debut en Primeira División (tempada 2009-10). Unha das claves da fichaxe foi a gran relación que manteñen o Sevilla e o Xerez, así como o ano que David xa pasara alí na tempada 2006-07. Tras xogar 21 partidos en Primeira, 20 deles como titular, ao ano seguinte é cedido de novo, esta vez na Segunda División, para formar parte do ambicioso proxecto para retomar a categoría do recentemente descendido Club Deportivo Tenerife. Tras un ano no club canario, ficha polo Córdoba Club de Fútbol, onde permanece outra tempada. En xullo de 2012 anúnciase a súa incorporación, por terceira vez en seis anos, ao Xerez Club Deportivo, onde permanecería até o final de tempada. Tras os problemas extradeportivos do Xerez, Prieto comeza a tempada 2013-14 sen equipo, até que o 4 de febreiro de 2014 anúnciase a súa incorporación ao Club Deportivo Lugo de novo na Segunda División. No club galego xoga tan só 4 partidos no que resta de campaña, polo que o club lucense non lle ofrece renovar. Tras estar o verán sen equipo, asina polo Real Murcia para xogar Segunda División B.

Clubs AnoClubDivisiónPartidosGoles2002-2003Jerez CFSegunda B2812003-2004Sevilla AtléticoSegunda B3512004-2005Sevilla AtléticoSegunda B3132004-2005Sevilla FCPrimeira402005-2006Sevilla AtléticoSegunda B2902005-2006Sevilla FCPrimeira402006-2007Xerez CDSegunda3812007-2008Sevilla AtléticoSegunda2612007-2008Sevilla FCPrimeira902008-2009Sevilla FCPrimeira1302009-2010Xerez CDPrimeira2102010-2011CD TenerifeSegunda2012011-2012Córdoba CFSegunda2212012-2013Xerez CDSegunda2632014CD LugoSegunda402014-2015Real MurciaSegunda B

Palmarés Segunda División B (2005). Sevilla Atlético Copa da UEFA (2006). Sevilla FC Supercopa (2007). Sevilla FC

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en futbolme.com Datos do xogador en Transfermarkt

Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Sevilla Atlético Categoría:Xogadores do Sevilla FC Categoría:Xogadores do Xerez CD Categoría:Xogadores do CD Tenerife Categoría:Xogadores do Córdoba CF Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Xogadores do Real Murcia