Julián Elvira é un frautista español, coñecido pola invención da frauta prónomo. É considerado por algúns críticos como o nome de referencia no que respecta á música contemporánea e de vangarda no Estado español, realizando estreas de numerosas composicións, entre as que destaca a estrea española do ciclo Carceri d’Invenzione de Brian Ferneyhough, e facéndoo adicatario de numerosas obras para frauta.Julián Elvira en Crasmusicas

Traxectoria Realizou os seus estudos no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid, onde recibiu unha formación clásica. En 1996 trasladouse a Budapest (Hungría) para cursar estudos de posgrao en acústica da frauta na Budapesti Corvinus Egyetem da capital húngara. En Budapest coñeceu ao Istvan Matuz, creador da teoría Complex, unha teoría que chamou a atención de Elvira, que dende ese momento profundaría na mesma para chegar a súa materialización coa creación da "frauta definitiva", a frauta prónomo.

Foi solista da Banda Sinfónica de Madrid, traballo que delegou para realizar traballos de investigación e interpretación frautística que o levaron a ofrecer conferencias e concertos por todo o mundo. Como froito do seu labor de investigación naceu en 1998 o seu primeiro traballo, "Expiral", que o definiu como un coñecedor exhaustivo da frauta, as novas tendencias e correntes, situándoo á vangarda tanto como creador como no eido interpretativo.

En 2002 produciu o seu segundo traballo, "Ira", tamén dentro dun marco multidisciplinar a partir do desenvolvemento de novas tecnoloxías e estruturas. Dous anos máis tarde, seguindo na mesma liña mais cunha mirada e atención nos máis novos, creou "Tubocatessen".

O seu proxecto, "3.1 Culturas" (2009) levouno ao Xapón, Siria e a India, estudando a súa cultura e música para presentar o seu novo instrumento por todo o mundo.

Dende 1997 compaxina o seu labor na Banda Sinfónica de Madrid coa creación e a investigación musical con especial énfase nos sons das frautas do mundo, a música electrónica, a improvisación e a vangarda.Julián Elvira en www.pronomosflute.com Julián Elvira imparte clases na Academia de Música Maese Pedro de Madrid e nos cursos propostos pola Universidade Complutense da capital española.

Instrumentos 250px|miniatura|Frauta prónomo e o seu prototipo en 2010.

Julián Elvira recibiu formación clásica no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid na especialidade de frauta travesa, instrumento co que desenvolve a súa actividade profesional na Banda Sinfónica de Madrid. Logo de máis de 10 anos de investigación, en 2009 se completa, grazas ao traballo do construtor de frautas británico Stephen Wessel, a creación da frauta prónomo, un instrumento único e de produción propia creado segundo os principios da teoría Cómplex e que supón un paso máis na evolución da frauta travesa dende as modificacións realizadas por Theobald Boehm.

Discografía Ten realizado numerosas gravacións para Radio Nacional de España, Televisión Española, Sello Autor, Plataforma LTW, Verso, e Serie Phonos. A súa discografía como solista ten tres traballos que presentan música para frauta soa e electrónica de nome como Halftter, Posadas, Rueda, Sánches-Verdú, Jiménez, Lewin-Richter, Brnic, Durán-Loriga ou Polonio.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Julián Elvira no Facebook Julián Elvira en www.http://pronomosflute.com/ Páxina de Julián Elvira en www.musicantes.es Los clásicos - Julián Elvira y su flauta mágica - 11/01/13 en RTVE

Categoría:Frautistas Categoría:Nados en Cuenca Categoría:Nados en 1973