Patria Gallega foi un semanario editado en Vigo en 1906.

Historia e características Subtitulada Revista Semanal Ilustrada, apareceu o 11 de agosto de 1906. Publicábase os sábados. Entre os seus colaboradores figuraban Pío Lino Cuiñas, Enrique Labarta Pose, Amador Montenegro e Juan Neira Cancela e ilustrado con debuxos de Rafael Fuembunea. Imprimíase na Litografía Comercial de Manuel Reymóndez. Cesou ao pouco tempo, o último número coñecido é o 8 editado o 29 de setembro de 1906.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra Ligazóns externas Hemeroteca da Real Academia Galega "A revista máis barata e máis amena" (6/8/2015). Real Academia Galega.

Categoría:Prensa escrita de Vigo Categoría:1906 en Galicia