miniatura|Unha turbina de vapor coa caixa aberta. Estas turbinas producen a maior parte da electricidade que se utiliza na actualidade. O consumo de electricidade e os niveis de vida están altamente correlacionados. miniatura|Robot Spirity en Marte, incorpora algunhas das tecnoloxías máis avanzadas para a exploración científica A tecnoloxía (do grego, (τεχνολογια) techne (τεχνη) "oficio" + logía (λογια) "que di") é o coñecemento técnico humano e as ferramentas creadas pola humanidade a partir de tal coñecemento, así mesmo é a suma de técnicas, habilidades, métodos e procesos utilizados na produción de bens ou servizos ou no logro de obxectivos, como a investigación científica. A tecnoloxía pode ser o coñecemento de técnicas, procesos e similares, ou pode integrarse en máquinas para permitir o seu funcionamento sen un coñecemento detallado do seu funcionamento. Os sistemas (por exemplo, máquinas) que aplican tecnoloxía tomando unha entrada, cambiándoa de acordo con o uso do sistema e logo producindo un resultado denomínanse sistemas tecnolóxicos.
A tecnoloxía é o conxunto de coñecementos e procedementos teóricos e prácticos que, debidamente organizados e sistematizados, satisfacen as necesidades humanas. A tecnoloxía é a transformación da natureza polos seres humanos, para resolver problemas e satisfacer as necesidades sociais. Todo nese mundo artificial, dende o máis simple e cotián até o máis novo e revolucionario, é tecnoloxía.
Dependendo do contexto, a tecnoloxía pode referirse a: As técnicas, coñecementos, métodos, materiais, ferramentas, e procesos usados para resolver problemas ou ao menos facilitar a solución dos mesmos; Un método ou proceso de construción e traballo (como a tecnoloxía de manufactura, a tecnoloxía de infraestrutura ou a tecnoloxía espacial); A aplicación de recursos para a resolución de problemas; O termo tecnoloxía tamén pode usarse para describir o nivel de coñecemento científico, matemático e técnico dunha determinada cultura; Na economía, a tecnoloxía é o estado actual do noso coñecemento de como combinar recursos para producir os produtos desexados (e o noso coñecemento do que pode ser producido).
A tecnoloxía é, dunha forma xeral, o encontro entre ciencia e enxeñaría. Sendo un termo que inclúe desde as ferramentas e procesos simples, tales como unha culler de madeira e a fermentación da uva respectivamente, ata as ferramentas e procesos máis complexos xa creados polo ser humano, tal como a Estación Espacial Internacional e a desalinización da auga do mar respectivamente.
Frecuentemente, a tecnoloxía entra en conflito con algunhas preocupacións naturais de nosa sociedade, como o desemprego, a contaminación e outras moitas cuestións ecolóxicas, filosóficas e sociolóxicas.
Etimoloxía É unha palabra de orixe grega, τεχνολογία, formada por téchnē (τέχνη, arte, técnica ou artesanía), que se pode traducir como destreza) e loxía (λογία, a ciencia de algo). Historia
A historia da tecnoloxía é case tan vella como a historia da humanidade, e segue desde cando os seres humanos comezaron a usar ferramentas de caza e de protección. A historia da tecnoloxía ten consecuentemente embutida a cronoloxía do uso dos recursos naturais, porque, para seren creadas, todas as ferramentas necesitaron, antes de calquera cousa, do uso dun recurso natural adecuado. A historia da tecnoloxía segue unha progresión das ferramentas simples e das fontes de enerxía simples ás ferramentas complexas e das fontes de enerxía complexas, como segue:
As tecnoloxías máis antigas converteron recursos naturais en ferramentas simples. Os procesos máis antigos, tales como a arte rupestre e a raspaxe das pedras, e as ferramentas máis antigas, tales como a pedra lascada e a roda, son medios simples para a conversión de materiais brutos e "crús" en produtos útiles. Os antropólogos descubriron moitas cousas e ferramentas humanas feitas directamente a partir dos recursos naturais.
As ferramentas máis sofisticadas inclúen desde máquinas simple como a panca (300 a.C.), o parafuso (400 a.C.), e a polea, ata a maquinaría complexa como o computador, os dispositivos de telecomunicacións, o motor eléctrico, o motor a inxección, entre moitos outros. As ferramentas e máquinas aumentan en complexidade na mesma proporción en que o coñecemento científico se expande.
A maior parte das novidades tecnolóxicas adoitan ser primeiramente empregadas na enxeñaría, na medicina, na informática e no ramo militar. Con iso o público doméstico acaba sendo o último a se beneficiar da alta tecnoloxía, xa que ferramentas complexas requiren unha manufacturación complexa, aumentando drasticamente o prezo final do produto.
A enerxía pode ser obtida do vento, da auga, dos hidrocarburos e da fusión nuclear. A auga fornece a enerxía co proceso da xeración do hidroenerxía. O vento fornece a enerxía usando correntes do vento que moven muíños de vento. Hai tres fontes principais dos hidrocarburos, ao lado da madeira e do seu carbón, gas natural, e petróleo. O carbón e o gas natural úsanse case exclusivamente como unha fonte de enerxía. O petróleo é amplamente usado como fonte de enerxía (gasolina e diésel) e é tamén un recurso natural usado na fabricación de plásticos e outros materiais sintéticos. Algúns dos máis recentes avances no ramo da xeración de enerxía inclúen a habilidade de usar a enerxía nuclear, derivada dos combustíbeis tales como o uranio, e a habilidade de usar o hidróxeno como fonte de enerxía limpa e barata.miniatura|esquerda|Avión de caza F-16 Falcon|200x200px Prehistoria miniatura|upright|Unha persoa sostendo un machada de man|alt=referir ao pé de foto As ferramentas foron desenvoltas inicialmente por homínidos mediante a observación e o ensaio e erro. Fai ao rededor duns 2 millóns de anos, aprenderon a fabricar as primeiras ferramentas de pedra martelando lascas dun seixo, formando unha machada de man afiada. Esta práctica perfeccionouse fai 75 mil anos coa descamación a presión, que permitia un traballo moito máis fino.
O dominio do lume polos primeiros humanos foi un punto chave na evolución tecnolóxica do home, permitindo un mellor aproveitamento dos alimentos e o aproveitamento dos recursos naturais que necesitan do calor para seren útiles, o control do lume foi descrito por Charles Darwin como "posiblemente a maior fazaña xamais realizada polo home". As probas arqueolóxicas, dietéticas e sociais apuntan a un "uso continuo do lume [humano]" polo menos 1,5 millóns de anos. O lume, alimentado con madeira e carbón vexetal, permitiu aos primeiros humanos cociñar os seus alimentos para aumentar a súa dixestibilidade, mellorando o seu valor nutritivo e ampliando o número de alimentos que podían consumirse. A hipótese da cociña propón que a capacidade de cociñar promoveu un aumento do tamaño do cerebro dos homínidos, aínda que algúns investigadores consideran que as probas non son concluíntes. As evidencias arqueolóxicas das lareiras datan de 790 millóns de anos; os investigadores cren que é probable que isto intensificase a socialización humana e contribuíse á aparición da linguaxe.
A madeira, a arxila, e a rocha (tal como a pedra calcaria), estaban entre os materiais máis adiantados a seren tratados polo lume, para facer as armas, cerámica e cemento, entre outros. As mellorías continuas tales como a fornalla, permitiron a habilidade de derreter e forxar o metal (tal como o cobre, 8000 a. C.), e eventualmente á descubrimenro das aliaxes, tales como o bronce (4000 a. C.). Os primeiros usos do ferro e do aceiro, data de 1400 a. C.
Outros avances tecnolóxicos logrados durante o Paleolítico son o vestido e a vivenda. Non existe consenso sobre a época aproximada da adopción de ningunha das dúas tecnoloxías, pero os arqueólogos acharon probas arqueolóxicas de pezas de vestir de entre 90 e 120 mil anos e refuxios de 450 mil anos. A medida que avanzaba o Paleolítico, as vivendas fixéronse máis sofisticadas e elaboradas; xa desde fai 380 mil anos, os humanos construían cabanas temporais de madeira. A roupa, adaptada a partir de peles e coiros de animais cazados, axudou á humanidade para expandirse cara a rexións máis frías; os humanos comezaron a migrar fose de África ao redor de 200 mil anos, desprazándose inicialmente a Eurasia. Neolítico
miniatura|upright|Conxunto de artefactos neolíticos, como brazaletes, cabezas de machada, ciceis e ferramentas puidas|alt=Foto de ferramentas neolíticas expostas A revolución neolítica (ou Primeira Revolución Agrícola) supuxo unha aceleración da innovación tecnolóxica e o consecuente aumento da complexidade social. A invención da machada de pedra puída foi un grande avance que permitiu a curta de bosques e a agricultura a grande escala . O uso de machadas de pedra puída aumentou moito no Neolítico, pero utilizouse orixinalmente no Mesolítico anterior nalgunhas zonas como Irlanda. A agricultura alimentou a poboacións máis numerosas, e a transición ao sedentarismo permitiu a crianza simultánea de máis nenos, xa que os nómades xa non tiñan que cargar cos bebés. Ademais, os nenos podían contribuír á agricultura máis facilmente que nas actividades de cazadores-recolectores. .
Con este aumento da poboación e da dispoñibilidade de man de obra produciuse un incremento da especialización laboral. Non se sabe de certo que foi o que desencadeou a progresión desde as primeiras aldeas neolíticas até as primeiras cidades, como Uruk, e as primeiras civilizacións, como Sumeria; con todo, crese que influíron a aparición de estruturas sociais cada vez máis xerárquicas e de man de obra especializada, do comercio e a guerra entre culturas adxacentes, e a necesidade dunha acción colectiva para superar retos medioambientais como a irrigación.
A invención da escritura conduciu á difusión do coñecemento cultural e converteuse na base da historia, as bibliotecas, as escolas e a investigación científica.
As continuas melloras deron lugar ao forno e ao fol, e proporcionaron, por primeira vez, a capacidade de fundir e forxar ouro, cobre, prata e chumbo, metais autóctonos que se atopan en forma relativamente pura na natureza. As vantaxes das ferramentas de cobre sobre as de pedra, óso e madeira pronto quedaron patentes para os primeiros seres humanos, e é probable que o cobre nativo se utilizase desde os inicios do Neolítico (fai uns 10 000 anos). O cobre nativo non se atopa en grandes cantidades na natureza, pero os minerais de cobre son bastante comúns e algúns deles producen metal facilmente cando se queiman en lumes de leña ou carbón vexetal. Co tempo, a manipulación dos metais conduciu ao descubrimento das aliaxes como o bronce e o latón (ao redor do 4000 a. C.). O primeiro uso das aliaxes de ferro, como o aceiro, remóntase aproximadamente ao 1800 a. C. Antiga miniatura|upright|Unha roda de carro persa.|alt=Foto dunha roda de madeira primitiva miniatura|upright|Roda das Marismas de Ljubljana con eixo (a roda de madeira máis antiga descuberta ata o 2024)|alt=Foto da roda de madeira con eixo (a roda de madeira máis antiga descuberta ata o 2024) Despois de aproveitar o lume, os humanos descubriron outras formas de enerxía. O uso máis antigo coñecido da enerxía eólica é o barco de vela; o rexistro máis antigo dun barco a vela é o dun barco do Nilo que data de arredor do ano 7000 a. C. Desde tempos prehistóricos, os exipcios probablemente empregaron a forza das inundacións anuais do Nilo para regar as súas terras, aprendendo gradualmente a regular gran parte dela mediante canles de rega e concas de captación construídas expresamente. Os antigos sumerios en Mesopotamia usaban un complexo sistema de canles e diques para desviar a auga dos ríos Tigris e Éufrates para o regadio.
Ciencia e tecnoloxía A ciencia e a tecnoloxía sempre estiveron moi próximas unha da outra.
Podemos falar de dous grandes campos vinculados á actividade humana, moi ligados entre si pero substancialmente diferentes: o campo da ciencia (a indagación) e o campo da técnica e da tecnoloxía (a acción).