Veillonella é un xénero de bacterias gramnegativas anaerobias con forma de cocos. Esta bacteria é ben coñecida pola súa capacidade de fermentación de ácido láctico. É unha das bacterias normais da flora intestinal e da mucosa bucal dos mamíferos. Nos humanos, en casos raros, a especie Veillonella parvula foi implicada en casos de osteomielite e endocardite.
Fermentación A fermentación do lactato a propionato e acetato realízana pola vía do metilmalonil-CoA. Nesta fermentación prodúcese pouco ATP.
Lactato → acetato + 2 propionato + CO2 + H2O
Filoxenia
A taxonomía aceptada actualmente está baseada na LPSN e no NCBI e a filoxenia está baseada no estudo do ARNr de 16S da LTP 111 do The All-Species Living Tree Project.All-Species Living Tree Project.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Firmicutes