La Ragazzona foi un barco de guerra da República de Venecia que foi alugado por Filipe II de España para que formase parte da Armada Invencible que ía enviar contra Inglaterra. Afundiuse no 1588 antes de chegar ao porto da Coruña por mor dunha tormenta"El galeón perdido de la Invencible", artigo de Lorena Bustabad en El País, 8 de marzo de 2013 ..
Na Armada Invencible
A nave foi alugada polo rei Filipe II para que formase parte da súa Armada Invencible que ía enviar no seu plan de invadir Inglaterra. La Ragazzona foi o buque insignia da escuadra de Levante, composta por nove barcos e dirixida por Martín de Bertedona."El mayor buque de la Armada Invencible, La Ragazzona, hallado en Ferrol" , artigo en La aventura de la historia, 11 de marzo de 2013 .
Tralo fracaso dos plans de Filipe II de invadir Inglaterra, La Ragazzona puxo rumbo á península. Chegando á Coruña, e fortemente danado tras a batalla, foi vítima dunha tormenta que o afundiu o 8 de decembro de 1588.
Despois de afundirse Os canóns que transportaba La Ragazzona foron levados á Coruña onde foron fundamentais para a defensa da cidade dos ataques do corsario inglés Francis Drake no 1589, defensa na que destacou a actuación de María Pita.
Os seus restos permaneceron esquecidos durante varios séculos ata que no 2013 un equipo dirixido pola Universidade de Santiago de Compostela"En busca de La Ragazzona, el mayor buque de la Armada Invencible", artigo en El Imparcial, 22 de marzo de 2013 . os redescubriu, en colaboración coa Armada española e a empresa Argos.
Notas
Categoría:Armada Invencible Categoría:Barcos de guerra Categoría:Accidentes marítimos en Galicia Categoría:Naufraxios Categoría:1588