O Airbus NSR ("New Short Range") foi unha proposta de Airbus, presentada nos anos 2000, presentada para substituír o Airbus A320. Estaba previsto que o seu deseño comezase no ano 2014 e entraría en servizo ao redor do 2018. En xaneiro de 2010 John Leahy, o responsable comercial da compañía, afirmou que Airbus non presentaría ningún modelo de fuselaxe estreita co fin de substituír a familia A320 antes de 2024/2015flightglobal.com - Airbus sees lifespan of at least 10 years for re-engined A320 . Consultado o 27 de xaneiro de 2014..
En decembro de 2010 Airbus acabou decantándose por unha remotorización do modelo existente en vez de desenvolver un novo avión, ao presentar oficialmente o Airbus A320NEOflightglobal.com - A320 NEO to have $7-8 million price premium . Consultado o 27 de xaneiro de 2014.. Esta decisión tomouse en parte debido a que o desenvolvemento dun novo deseño requiría duns prazos de tempo moito máis amplos fronte aos dunha remotorizaciónflightglobal.com - SINGAPORE 2010: Airbus targets early A320 re-engining decision, 2015 debut . Consultado o 27 de xaneiro de 2014.Bloomberg News - Airbus to Deploy Superjumbo, Military Engineers for A320 NEO . Consultado o 27 de xaneiro de 2014..
Notas
Categoría:Aeronaves de Airbus