miniatura|250px|Reial senyera coronada, a Bandeira do País Valencià reivindicada polo nacionalismo valenciano dende a Renaixença. miniatura|250px|Estrelada empregada por vez primeira por Acció Nacionalista ValencianaTemps d'acció, páxina 145, Editorial Denes na década de 1930.

O nacionalismo valenciano é unha corrente social estruturada tanto cultural como politicamente que preserva e promove o recoñecemento da personalidade política, lingüística e cultural do País Valencià ou Nación Valenciana. Como ideoloxía, formou parte da sociedade valenciana durante máis de cen anos, cunha incidencia electoral e social variable, contribuíndo á concepción política do antigo Reino de Valencia e sendo un actor decisivo na reivindicación e consolidación do autogoberno da actual Comunidade Valenciana.O valencianismo político do século XX e o País Valencià do século XXI, Vicent Flor i Moreno en Baixo a accepción de nacionalismo valenciano a miúdo inclúense grupos que politicamente deberían ser cualificados de "nacionalistas cataláns" ou sinxelamente como catalanistas, xa que entenden que a nación dos valencianos son os Países Cataláns.

Historicamente, o valencianismo orixínase no século XIX como un movemento cultural durante a Renaixença valenciana nunha época na que se intentaba recuperar o prestixio social do valenciano e da cultura valenciana despois de séculos de diglosia e da desaparición do reino de Valencia baixo o absolutismo borbónico con iniciativas como a restauración dos Xogos Florais por Lo Rat Penat. Sería no século XX, e como escisións de Lo Rat Penat que xurdirían as primeiras asociacións valencianistas. Un dos seus primeiros fitos sería a Declaración valencianista de 1918, se ben non sería até a Segunda República Española que o nacionalismo valenciano acadaría certa presenza política e un clima favorable á consecución dun estatuto de autonomía. A ditadura franquista acabou coas aspiracións valencianistas, e diluíu a súa tradición. Durante a década de 1960, Joan Fuster i Ortells propuxo un novo valencianismo de tipo catalanista. Estes supostos provocaron a reacción dun sector do valencianismo encabezado por Aldert i Casp que vía nas propostas de Fuster non o tradicional irmandamento con Cataluña, senón un sometemento. A división interna do valencianismo viu aparellada coa intervención do nacionalismo español que atopou nas teorías do pancatalanismo un argumentario idéneo para atacar o catalanismo e ó mesmo tempo debilitar o valencianismo dende dentro na súa reivindicación de nacionalidade histórica durante o proceso estatutario e de recuperación nacional; os episodios máis virulentos deste conflito foron coñecidos co nome de Batalla de Valencia.

Durante a década de 1980 xurdiu o movemento rexionalista chamado blaverismo, caracterizado polo españolismo e o anticatalanismo, que se agrupou politicamente arredor do partido Unió Valenciana. Na década de 1990, os dirixentes deste partido integráronse maioritariamente no Partido Popular e Unió Valenciana practicamente desapareceu sen volver ter representación política nas Corts Valencianes. A comezos do século XXI, Juan García Sentandreu intentou resucitar o blaverismo formando o partido Coalició Valenciana, incidindo coma no pasado no españolismo e no anticatalanismo, pero estas teorías fracasaron na sociedade valenciana actual, o partido non obtivo xamais representación parlamentaria, e acabou por disolverse no 2011.

Hoxe en día, os académicos valencianos da Acadèmia Valenciana de la Llengua normalizaron o valenciano deixando claro que «valenciano» e «catalán» son dúas denominacións sinónimas e equivalentes para «un mesmo sistema lingüístico», sentenza filolóxica que foi ratificada legalmente por diversas sentencies xudiciais do Tribunal Supremo. O valencianismo político estivo representado nas Cortes Valencianas por Coalició Compromís. Segundo os estatutos aprovados polo principal partido da coalición, o Bloc Nacionalista Valencià, en 2009, un dos seus obxectivos é "A consecución da plena soberanía nacional do pobo valenciano", se ben contempla a posibilidade de asociarse cos territorios cos que Valencia comparte "unha mesma lingua, cultura ou historia".

Historia Orixes 250px|miniatura|Faustí Barberà. Os historiadores sinalan ó doutor Faustí Barberà como pai do valencianismo político, e a lectura en 1902 do seu discurso De regionalisme i valentinicultura como unha simbólica data de nacemento para o nacionalismo valenciano, cun texto onde se pedía a autonomía para Valencia, rachando coa liña apolítica da Renaixença cultural valenciana. A Renaixença que precedeu a aparición do valencianismo non destacou por ter implicacións políticas ó ser protagonizada por personaxes como Teodor Llorente que o atoparon innecesario.Joan Fuster i Ortells, Antologia de la poesia valenciana, Barcelona, 1956 Malia isto, xa dende aquela xorden algúns grupos valencianistas, a miúdo arredor de Lo Rat Penat, entidade, porén, coa que estivo enfrontada durante boa parte do nacemento do valencianismo por mor das súas tépedas e elitistas posicións.

O primeiro grupo organizado, València Nova, convocou e celebrou en 1907 a Primeira Assemblea Regionalista Valenciana, tratando de acadar un pacto solidario valenciano, inspirado na Solidaritat Catalana. València Nova converteuse máis tarde no Centre Regionalista Valencià que acolleu á "Joventut Valencianista" relacionada coa Joventut Nacionalista de Castelló e coa Joventut Valencianista de Catalunya. De influencia soviética naceu a Joventut Nacionalista Obrera en 1921, organización de esquerdas que propuña abertamente o Estado valenciano.

A primeira xeración de valencianistas publicaron diversas revistas, sendo Pàtria Nova unha das máis importants pola súa transcendencia. Malia que o fenómeno apareceu na cidade de Valencia, co tempo apareceron grupos valencianistas noutras localidades do país, especialmente nas comarcas centrais e nas comarcas do norte.

Un dos feitos máis destacados daquel incipiente nacionalismo valenciano foi a promulgación da Declaración Valencianista de 1918, patrocinada principalmente pola mesma Joventut Valencianista. Naquela declaración recollíanse algunhas das posturas básicas do movemento nacionalista valenciano da época.

O pensamento valencianista primixenio xa era heteroxéneo, pero en boa medida partidario da construción nacional estritamente valenciana, da potenciación do uso do valenciano e do establecemento de relacións especiais entre os territorios do seu dominio lingüístico, iso si, nun escenario non exento da confusión propia dun baixo grao de desenvolvemento das ciencias sociais e da filoloxía. Se ben o recoñecemento das ligazóns culturais co resto do dominio lingüístico era evidente nas manifestacións dos valencianistas de preguerra, tampouco se declaraba de xeito explícito. A influencia de Cataluña tamén se vería nalgúns intentos de crear no País Valencià estruturas semellantes ás que se estaban a conseguir nese territorio, como o intento de crear unha Mancomunidade Valenciana, ou a candidatura electoral da Solidaritat Valenciana. miniatura|250px|dereita|Integrantes de Pàtria Nova no primeiro Encontro del Puig, 1915. No tocante ás ideas pancatalanistas propostas por unha parte do nacionalismo de Cataluña, había no valencianismo de preguerra propostas políticas de eido territorial máis amplas que o estritamente valenciano. Se ben a catalanofilia era habitual, no caso de Eduard Martínez i Ferrando, autor do texto Síntesi del criteri valencianista, que propuña ir máis lonxe na concepción dun espazo común con cataláns e baleares. Malia isto, a entidade que puxo o pancatalanismo enriba da mesa do debate valencianista foi Acció Cultural Valenciana, asociación de carácter transversal e orixe universitaria que non recoñecía a Cataluña ou o País Valencià como nacións separadas, senón unidas. Na súa publicación, Acció Valenciana, hai textos a prol dunha nacionalidade catalá integrada polos estados federais de Cataluña, Valencia e Mallorca, considerando que o pobo valenciano constituía unha forte personalidade dentro deste conxunto, e que esta forte personalidade dáballe dereito a constituír un estado soberano diferenciado do de Cataluña, chamado Estado Valenciano.Declaració Nacional Valenciana extret de la revista "Acció Valenciana", 1930-1931.

Porén, as propostas políticas que, dende o valencianismo daban as a posibles territorios máis amplos expresábanse en termos máis ou menos abstractos, ou de colaboración entre territorios irmáns, onde o País ou Nación valenciana eran o marco político de soberanía. Tampouco eran propostas que racharan coa integridade territorial do Estado español, xa que non eran propostas de carácter independentista.

Un caso significativo no tocante ás relacións entre Valencia e Cataluña é o que protagonizou Josep Maria Bayarri, autor dunha normativa propia para o valenciano diferenciada do catalán, ou do libro El perill català. Aínda que polo xeral sexa visto como un dos precursores anticatalanistas valencianos, é preciso ter en conta que o texto de Bayarri está escrito dende o aprecio cara ó pobo catalán, e que malia o título rechamante, o seu libro é en realidade un text contrario ó pancatalanismo, como resposta a algunhas propostas de signo contrario que chegaban dende Cataluña.El Perill Català Pódese ler o libro neste pdf publicado per Antiblavers.org Paradoxicamante, o anticatalanismo era unha das pezas chave do discurs republicano blasquista que acotío instrumentalizaba en contra do mesmo valencianismo ós que acusaba de cómplices da burguesía catalá contemporánea.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas València en la integració de Catalunya port Joan Fuster i Ortells. Valencianisme.com, O portal web do Valencianismo de construción. Noves glòries a Espanya. Anticatalanisme i identitat valenciana de Vicent Flor.

Categoría:Nacionalismo valenciano