miniatura|dereita|Práxedes Mateo Sagasta As eleccións xerais de 5 de marzo de 1893 en España foron convocadas na minoría de idade de Afonso XIII, sendo rexente a súa nai María Cristina de Habsburgo-Lorena. A súa base legal foi a Constitución española de 1876, vixente ata 1931 na coñecida como Restauración borbónica en España.
Antecedentes En base ao Pacto do Pardo de 24 de novembro de 1885 queda instituído o sistema de quendas pacíficas en exercicio do poder entre liberais e conservadores, que consolidou a Restauración ata finais do século XIX e principios do XX.
O 26 de xuño de 1890 o goberno liberal-fusionista reimplanta oficialmente o sufraxio universal na lexislación electoral.
O 21 de novembro de 1891 prodúcese unha escisión nas filas conservadoras: dimite o gabinete de Francisco Silvela e trala defección de Romero Robledo, o 24 de novembro asume a presidencia do executivo Cánovas del Castillo.
O 7 de decembro Francisco Silvela volve a intrigar conseguindo o cesamento de Cánovas del Castillo, o que supón a formación o 13 de decembro dun novo goberno presidido pos Sagasta.
Características O 5 de xaneiro de 1893 seguindo o proceso de normalización conforme ao pactado entre as principais forzas políticas, procedeuse á disolución das Cámaras e á convocatoria de eleccións lexislativas.
Descoñécese o número de votantes para estas eleccións, todos varóns maiores de 25 anos de idade (sufraxio universal masculino). Elixíronse 400 deputados o día 5 de marzo de 1893.
Composición do Congreso dos Deputados tralas eleccións ← Eleccións xerais en España, 5 de marzo de 1893 → Partido Escanos Líder Partido Liberal 257 Práxedes Mateo Sagasta Partido Liberal-Conservador 70 Antonio Cánovas del Castillo Unión Republicana 32 Unión Conservadora 17 Francisco Silvela Partido Demócrata Posibilista 15 Emilio Castelar Comunión Tradicionalista 7 Marqués de Cerralbo Partido Integrista 2 Ramón Nocedal y Romea Outros 1
Véxase tamén Ligazóns externas Resultados das eleccións Deputados electos
1893 Categoría:1893