Fernando Manuel Silva Couto, máis coñecido como Fernando Couto, nado o 2 de agosto de 1969 en Espinho (Portugal) é un exfutbolista que xogaba na demarcación de defensa.

Traxectoria Formouse nas categorías inferiores do FC Porto, debutando co primeiro equipo no ano 1988. Os dous anos seguintes pasounos cedido, primeiro no FC Famalicão e despois no Académica de Coimbra. No ano 1990 volveu a Porto, onde se fixo cun oco no equipo titular nas seguintes tempadas.

En 1994 fichou polo Parma FC, co que gañou a Copa da UEFA en 1995. En 1996 fichou polo FC Barcelona, onde militou dúas tempadas.

En 1998 voleu a Italia, ao fichar polo SS Lazio. Xogando no equipo romano deu positivo nun control antidopaxe por nandrolona, polo que foi sancionado con entre catro e nove meses de inhabilitación.

No verán de 2005 remata contrato coa Lazio e ficha outra vez polo Parma FC, club no que se retirou en 2008.

Despois de deixar o fútbol en activo ocupou o posto de director deportivo do Sporting de Braga.

Coa selección Debutou coa Selección de fútbol de Portugal no ano 1990 e disputou un total de 110 encontros. Coa selección disputou as Eurocopa de Fútbol de Inglaterra 1996, Bélxica/Países Baixos 2000 e Portugal 2004.

Tralo certame de Portugal, no que o equipo se proclamou subcampión, Couto retirouse da selección

Palmarés Co FC Porto Primeira División de Portugal: 1987/88, 1991/92 e 1992/93. Copa de Portugal: 1988, 1991 e 1994. Supercopa de Portugal: 1991 e 1994

Parma FC Copa da UEFA: 1995.

FC Barcelona Primeira División Española: 1997/98. Copa do Rei: 1997 e 1998. Supercopa de España: 1996. Recopa de Europa: 1997. Supercopa de Europa: 1997.

SS Lazio Serie A: 1999/00. Copa de Italia: 2000 e 2004. Supercopa de Italia: 1998 e 2000. Copa da UEFA: 1999.

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Nados en Espinho Categoría:Nados en 1969 Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Futbolistas de Portugal Categoría:Xogadores do FC Porto Categoría:Xogadores do FC Famalicão Categoría:Xogadores do Académica de Coimbra Categoría:Xogadores do Parma FC Categoría:Xogadores do FC Barcelona Categoría:Xogadores do SS Lazio Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Portugal Categoría:Directores deportivos de fútbol