Santiago García Rey, finado en Ribadavia en 1957,La Noche, 7-10-1958, p. 2. foi un avogado e político galego.

Traxectoria Foi concelleiro de Ribadavia e nomeado primeiro tenente alcalde na corporación presidida por Benito Puga Fermoso en 1914.La Voz de Galicia, 4-1-1914, p. 1. Foi nomeado alcalde de Ribadavia por Real orde a principios de 1916,La Voz de Galicia, 3-1-1916, p. 1. dimitindo en setembro dese ano.Diario de Galicia, 21-9-1916, p. 2. Membro do Partido Liberal, foi elixido alcalde de Ribadavia o 2 de abril de 1920,La Voz de Galicia, 3-4-1920, p. 1. permanecendo no posta ata a ditadura de Primo de Rivera. Presidente do Comité Republicano Radical Socialista de Ribadavia. Na República foi proclamado alcalde de Ribadavia polo delegado da Federación Republicana de Ourense Antonio Buján Pérez o 16 de abril de 1931.El Pueblo Gallego, 19-4-1931, p. 12. Elixido concelleiro nas eleccións de maio de 1931, o 5 de xuño foi elixido alcalde. En 1933 foi substituído por un breve período por Benito Gallego Montero. Foi destituído en 1935.

Publicou en 1904 un Almanaque judicial para 1905,La Correspondencia Gallega, 12-11-1904, p. 2. e colaborou en El Tea.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Alcaldes de Ribadavia Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Finados en 1957