La voce del violino é unha novela policial en lingua italiana de Andrea Camilleri, publicada en 1996, pola editorial Sellerio. É a terceira entrega da saga protagonizada polo Comisario Montalbano.

Trama

Montalbano esperta nun día escuro para ir ao funeral da esposa do seu superintendente. Para levalo conta como chofer co seu axente Gallo, a quen lle gusta conducir de forma apurada. Teñen un accidente e baten contra un Renault Twingo que estaba aparcado á beira, fronte a un chalé. Montalbano deixa unha nota no coche golpeado e van cara ao hospital e cara á vila onde ten lugar o funeral, se ben non chega a tempo. De regreso, Montalbano comproba que o coche golpeado segue no mesmo sitio e que a nota non foi recollida.

Montalbano estráñase. Logo dunha discusión por teléfono coa súa moza Livia, non é quen de durmir e érguese cara ao chalé para investigar. Alí descobre o cadáver espido dunha rapaza nova que morreu asasinada, afogada contra o colchón. Pídelle a unha amiga súa que faga unha chamada anónima para poder investigar o caso. Porén, por mor das loitas internas entre xuíces e policías, é apartado do caso.

O comisario que o substitúe na investigación mata un sospeitoso, e intenta inculpalo. Montalbano consegue facerlle chantaxe para que abandone o caso, e finalmente descobre que o asasino era o amante da rapaza, un traficante de antigüidades que quería facerse cun violín moi valioso.

Adaptacións A novela foi adaptada a un filme para televisión en 1999, con Luca Zingaretti interpretando a Montalbano.

Categoría:Novelas en italiano Categoría:Obras literarias de 1997 Categoría:Novelas ambientadas en Italia Categoría:Novelas policiais