La Verdad foi un periódico publicado en Ourense entre 1884 e 1887.

Historia e características Periódico bisemanal, apareceu a finais de 1884. Propiedade de José Lorenzo Gil, defendía as ideas do Partido Conservador. Suspendeu a súa publicación a mediados de febreiro de 1886 pero volveu aparecer a finais dese ano. Deixou de editarse a principios de 1887.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Ourense

Categoría:Prensa escrita de Ourense

Categoría:1884 en Galicia