Manuel Viturro Somoza, nado na Coruña en xaneiro de 1904 e finado en Madrid o 27 de xaneiro de 1977Necrolóxica en ABC, foi un diplomático galego.
Traxectoria Fillo de Manuel Viturro Posse. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e ingresou na carreira diplomática en 1928, sendo o seu primeiro destino o de secretario da Embaixada de España no Cairo en 1929. Foi Ministro Conselleiro na Embaixada de Buenos Aires (1955), cónsul xeral en Alxer (1958), e embaixador en Santo Domingo (1963-1964) e Helsinqui (1964-1972). Foi debuxante e colaborou na revista Marineda.
Casou con María Soledad de la Torre Fernández Latorre e é pai do tamén diplomático Manuel Viturro de la Torre.
Notas
Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1904 Categoría:Finados en 1977 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Embaixadores de España na República Dominicana Categoría:Embaixadores de España en Finlandia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Debuxantes de Galicia