Para o complexo comercial da Coruña vexa Marineda City. Marineda foi un semanario publicado na Coruña de 1922 a 1923.
Descrición Continuadora de Luz, apareceu o 18 de agosto de 1922. Imprimíase nos talleres de El Noroeste e entre as súas seccións incluía artigos, folletín, poesía, deportes, pasatempos, fotografías e notas de sociedade.
O propietario e director era Enrique Dequidt Carreras e o xefe de redacción Manuel Barbeito Herrera. Entre os colaboradores estaban Matías Usero, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Julio Camba, Wenceslao Fernández Flórez, Manuel Viturro Somoza, Elvira Novo García e Margarita Astray.
Foi continuada por El Postín.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña Ligazóns externas Hemeroteca da Real Academia Galega.
Categoría:Prensa escrita da Coruña Categoría:Revistas editadas en Galicia Categoría:Revistas españolas do século XX Categoría:1922 en Galicia