O EV Zug (abreviatura de Eissportverein Zug) é un equipo de hóckey sobre xeo da localidade de Zug, Suíza. Actualmente compite na National League A (NLA), a máxima categoría do hóckey sobre xeo helvético. Xoga os seus encontros como local no Bossard Arena, un pavillón con capacidade para 7.015 espectadores.

Historia O EV Zug foi fundado en 1967, e na tempada 1976-77 debutou na máxima categoría, rematando na última posición (8º) e descendendo. Na tempada 1987-88 retornou á LNA logo de 10 anos, finalizando na 6ª posición nunha competición na que os play-offs polo título estaban pechados aos 4 primeiros clasificados. Dende aquela o equipo non volveu descender e é un habitual nos play-offs polo título, chegando a gañar a competición na tempada 1997-88, conseguindo ademais os subcampionatos en 1995 e 1997, e finalizando na primeira posición da liga regular en 3 ocasións (1994-95, 1997-98 e 2011-12).

O 3 de outubro de 2011, o club derrotou aos New York Rangers da NHL por un contundente 8-4 nun partido amigable. O antigo xogador da NHL Josh Holden, que daquela estaba suspendido pola NLA, permitiuselle xogar e anotou dous goles. El e Fabian Schnyder tiveron cada un tres puntos, e Esa Pirnes tamén anotou dous goles. O antigo porteiro dos Rangers Jussi Markkanen gañoulle ao seu exequipo nun Bossard Arena ateigado.

Dende o 2012 é un dos catro representantes suízos no European Trophy.

Personalidades Xogadores Números retirados Como moitos outros equipos profesionais de hóckey sobre xeo, o EV Zug (EVZ) ten retirado da circulación os dorsais de varios xogadores que vestiron a camisola do equipo. Para a retirada dun dorsal por parte do club, o xogador ten que cumprir catro dos seguintes cinco criterios:

10 anos no primeiro equipo do EVZ. Comezar a súa carreira profesional no EVZ. Finalizar a súa carreira profesional no EVZ. Gañar o campionato suízo co EVZ. Ter xogado 50 partidos co equipo nacional.

Números retirados do EV Zug NºXogadorPosiciónCarreiraData da retirada Referencia 20 Philipp Neuenschwander F 1980-1997 5 de novembro de 2010 31 Patrick Fischer C 1992-2010 14 de setembro de 2010 33 André Künzi D 1984-2002 5 de novembro de 2010

Palmarés 1 National League A: 1998

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Equipos de hóckey sobre xeo de Suíza