Barstar é o nome dunha pequena proteína sintetizada pola bacteria Bacillus amyloliquefaciens. A súa función é inhibir a actividade ribonuclease do encima barnase, ao cal se une formando un complexo unido de modo extraordinariamente forte dentro da célula bacteriana, antes de que se segregue a barnase. A expresión da barstar é necesaria para contrarrestar o efecto letal da expresión da barnase activa dentro da célula. A estrutura do complexo barnase-barstar xa foi determinada.

A barstar (e tamén a barnase) é unha proteína dunha soa cadea polipeptídica pequena moi axeitada para facer estudos sobre o pregamento de proteínas e as interaccións proteína-proteína.Hartley RW. Barnase and barstar: two small proteins to fold and fit together. Trends Biochem Sci. 1989 Nov;14(11):450-4. PMID 2696173.

A interacción entre o inhibidor barstar e a barnase é rápida en parte pola agrupación de catro residuos cargados negativamente (Asp35, Asp39, Glu76 e Glu80) na superficie da barstar por onde se une á barnase. Estas cargas negativas dirixen o inhibidor cara ao sitio activo da barnase cargado positivamente.Gideon Schreiber, Ashley M Buckle e Alan R Fersht. Stability and function: two constraints in the evolution of barstar and other proteins. Structure, Volume 2, Issue 10, 945-951, 1 October 1994. doi:10.1016/S0969-2126(94)00096-4.

Notas

Categoría:Proteínas