Os neognatos (Neognathae; do grego ‘mandíbulas novas’) son unha das dúas superordes de aves dentro da subclase Neornithes. Neognathae contén practicamente todas as aves vivas, a excepción das pertencentes ao seu taxon irmán (a outra superorde vivente: Palaeognathae), que contén a familia das Tinamidae e as non voadoras Ratites (avestruces, emús etc.)

Hai cerca de 10.000 especies de neognatos desde finais do Cretáceo, de onde son os primeiros fósiles coñecidos, que sufriron unha radiación adaptativa, a cal produciu a diversidade de forma, función e comportamento que se ve hoxe. Dentro desta superorde encóntranse as paseriformes (aves de percha), o clado máis grande de vertebrados terrestres, o cal contén un 60% das aves que viven, e ten máis do dobre de especies que os roedores, e unhas 5 veces máis que os quirópteros (morcegos e raposos voadores), que son os clados máis grandes de mamíferos. Por outro lado, esta superorde contén algunhas ordes moi pequenas, polo xeral de aves de relacións filoxenéticas moi pouco claras, como o hoatzíns.

Taxonomía e sistemática Neognathae Galloanserae Anseriformes, como o cisne Galliformes, como o galo Neoaves Podicipediformes (mergullóns) Phoenicopteriformes (flamengos) Pterocliformes (gangas) Opisthocomiformes (o hoatzín) Phaethontiformes (aves do trópico) Columbiformes (pombas) Aegotheliformes Caprimulgiformes, como os urutaús Apodiformes, como o cirrio e os colibrís Gruiformes, como as grúas Cuculiformes (cucos) Gaviiformes (mobellas) Procellariiformes (albatros e petreis) Sphenisciformes (pingüíns) Pelecaniformes, como os pelicanos Suliformes, como os mascatos Ciconiiformes (cegoñas) Charadriiformes, como as gaivotas Cathartiformes, como os voitres Falconiformes, como o falcón peregrino Strigiformes, como os mouchos Coliiformes, como o paxaro rata Trogoniformes, como os quetzais Coraciiformes, como o picapeixe Piciformes, como os tucanos Psittaciformes, como os guacamaios Passeriformes, como os pardais

Véxase tamén

Bibliografía Mindell, David P. & Brown, Joseph W. (2005): The Tree of Life Web Project - Neornithes . Versión do 14 de decembro de 2005. Consultado o 8 de xaneiro de 2008. Mindell, David P.; Brown, Joseph W. & Harshman, John (2005): The Tree of Life Web Project - Neoaves . Versión de 14 de decembro de 2005. Consultado o 8 de xaneiro de 2008.