Juan Manuel Otero Milleiro, nado en Redondela en 1863 e finado na mesma vila o 3 de novembro de 1929Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 5-11-1929, p. 10., foi un médico e político galego.

Traxectoria Fillo de José Otero Martínez. Colaborou en El Eco de Redondela, El Contribuyente e La Idea. Foi alcalde de Redondela en 1895, pero renunciou ao cargo o 6 de outubro de 1896. A principios de 1911 era vocal da Xunta Municipal do Censo, e nese mesmo ano foi elixido vicepresidente do Círculo Católico. Foi subdelegado de Medicina e médico forense de Redondela.

Vida persoal Casou con Rita Fernández. Foi pai de Alejandro Otero Fernández e sogro de José Regojo Rodríguez.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Anecdotario redondelán. Alcaldes

Categoría:Alcaldes de Redondela Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en Redondela Categoría:Nados en 1863 Categoría:Finados en 1929 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos